A familia real confróntase con todos estes aspectos en escena co obxecto de traspasar os límites, cuestionar ideas preestablecidas ao redor da maternidade e a educación, compartir as nosas satisfaccións e aprendizaxes, evidenciar as contradicións diarias e, sobre todo, poñernos a proba coma intérpretes, integrando nas táboas aos máis pequenos da familia, deixándolle liberdade para modificar o seu itinerario de acción con espontaneidade en contraste coa partitura ensaiada e teatralizada dos adultos.
Partindo da comicidade, irreverencia e contradición do título que remite a imaxe artificiosa da realeza, mergullámonos a fondo no “real” do núcleo familiar dende múltiples perspectivas vivenciais que enriquezan o espectáculo e nos aporten unha imaxe plural: unha nai solteira que se debate entre o amor, o estrés e a culpa por non poder pasar máis tempo co seu fillo de oito anos que quere coñecer o seu pai; unha nai separada e multiempregada cunha filla de 9 anos e unha relación cordial co seu exmarido que presume de ser a renovadora do arquetipo da madrastra; unha parella heterosexual namorada, insegura e alternativa cun bebé recén nacido que descoñecen o que lle depara o futuro inmediato; un pai experimentado cunha filla en plena mocidade que se viu obrigado a exercer a paternidade a distancia ao seu pesar polas circunstancias da vida máis que sempre estivo presente.
Trátase dunha peza autobiográfica cunha temática universal, actual e contemporánea que pretende conectar de forma directa coa gran maioría do público. Cada espectadora e espectador vaise sentir identificada con moitos dos puntos de vista abordados porque todxs fomos nenxs algunha vez e todxs formamos parte dunha familia, coas súas virtudes e defectos.
A autenticidade e honestidade da proposta nos permite redescubrir en vivo a relación cxs nosxs fillxs, así como renovar os vínculos con elxs ao introducir novos estímulos que rompan as rutinas do cotiá ofrecéndolle ao público un espectáculo orixinal e vital onde crecer e aprender todxs xuntxs.