Aporía Escénica & Olivas Negras

Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela? Corréspondense a realidade co imaxinado previamente? Ata qué punto nos transforma e nos enriquece formar unha familia? Cales son as dificultades, os desafíos, as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade complexa como a contemporánea? Como compaxinamos a itinerancia e inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?

A familia

SONSOLES CORDÓN (Vigo, 1987) e GIANLUCA CORDÓN (Vigo, 2012)

Titulada superior en arte dramática na especialidade de Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia. Formación complementaria en Commedia dell’Arte polo ICAI de Venecia, danza clásica e contemporánea, cabaré, burlesque e baile tradicional galego. Desenvolve a súa carreira profesional no eido da escena; xunto á compañía Feira do Leste estreou dous espectáculos: Exilio das Moscas (2016) e Tras Tannhäuser (2017), este último seleccionado no Programa Creación Joven 2017 do INJUVE. Actualmente actúa coma performer coa cía. Butaca Zero en Despois das Ondas, peza gañadora do XVII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais. Funda xunto con Cecilia Vázquez a compañía Olivas Negras, coa que estrea, co apoio á creación escénica do AGADIC, no 2020 o espectáculo 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva (2020). Recentemente, estreou coa compañía Aporía Escénica o espectáculo Soga e Cinsa (2021).

Dende o 2014 traballa en colaboración co CSIC con espectáculos infantís de divulgación científica.

É actriz, creadora e directora escénica. Licenciada en Dirección de Escena pola ESADg e diplomada en Educación Primaria, Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo e diploma en Interpretación pola Escola de Teatro Santart. Participa como actriz en diversas montaxes na Cía. Arela das Artes da que foi cofundadora e na que dirixiu tres pezas, dúas de autoría propia. No 2014, funda a cía. Aporía Escénica e, sen abandonar a interpretación, afonda na dirección e a creación contemporánea nos seguintes espectáculos: 30 e tantos ósos (premio María Casares ao mellor texto orixinal con Teté García e Merche Pérez, Os reloxos preguiceiros de Néboa, 6 cubos negros en corpo branco, Animal Sagrado, Soga e Cinsa e Misión Imposíbel con Inversa Teatro. Nunha liña performativa sitúanse A Figueira, Un xardín por (re)construír e A Ila das Matriarcas con Theatre of the Ancients.

DIANA MERA (A Cañiza, 1979) e Asahel Gallardo Mera (Santa Comba, 2021)

CECILIA VÁZQUEZ (Vigo, 1977) e Ginevra Nortes (Vigo, 2011)

Titulada superior en arte dramática na especialidade de Interpretación Textual pola ESAD de Galicia e licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Coa súa compañía Nena Barbuda traballa para o público infantil con espectáculos como Así eran Pollock e Krasner (2018) e Ciencia que Alimenta (2021). É cofundadora da Compañía Olivas Negras coa que acaba de estrear 12 Uvas, 2 mulleres e 1 Oliva. Leva máis de 10 anos traballando no mundo do cabaret e no burlesque, xénero no que é considerada un referente en España. Formou parte da compañía Escénate co espectáculo musical de rúa Lugo de Alma Romana e coa Cía. Arte Livre no musical Lolas. Máis recentemente interpretou a Lady Capuleto dirixida por Lorena Bayonas. No audiovisual, traballou baixo as ordes de Alfonso Zarauza coa película Os Fenómenos e con Rubén de Marina.

Compositor e músico multiinstrumentista. Cantante e letrista de rock progresivo no grupo Fillo Corvo desde o 2019. Estuda na Escola Estudio de Santiago de Compostela centrándose nas materias de harmonía moderna, canto, piano, guitarra e produción. Amplía os seus coñecementos na escola mexicana Musicnetwork. Colabora coa artista galego-suiza Nastasia Zurcher no seu primeiro disco My Flight como instrumentista e compositor. Encárgase da asistencia de imaxe e fotografía dos seus videoclips My Fligt e Ready. Realiza a composición do espazo sonoro para o espectáculo Soga e Cinsa de Aporía Escénica. Na actualidade, continúa a súa formación co produtor musical Guillermo Marín cursando diversos módulos de produción, mistura e masterización, así como composicion e arranxo orquestral e deseño sonoro con Mikael Baggström.

FRANCISCO GALLARDO (Noia, 1982)

BEATRIZ DE VEGA (Ferrol, 1973) e Catalina Scillia (Nigrán, 2012)

Licenciada en Arquitectura, con máis de 15 anos traballando nas diferentes escalas do espazo arquitectónico; desde o planeamento urbanístico ata a arquitectura interior dos proxectos da actividade. É unha artista traballadora multidisciplinar que abarca moitas áreas: xestión de proxectos, construción, arquitectura efémera, escenografía, deseño de iluminación. No eido das artes escénicas estuda na ESADg a especialidade de Escenografía e Iluminación. Como deseñadora de escenografía e iluminación traballa con compañías como Teatro ao cubo, ButacaZero, A Panadaría, Cía aveLina, Olivas Negras. Como técnica de escena participa en compañías de danza (Pálido Domingo), teatro infantil (Avento producións Teatrais), teatro para adultos (Redrum Teatro, De Ste Xeito producciones, Xerpo produción teatral) e con compañías que exploran os límites das linguaxes posdramáticas (Aporía Escénica, BelaBesta Teatro).

Showman, director teatral e actor profesionalcon ampla traxectoria en teatro, cine e TV. Director e coordenador de actividades de Peripeciencia, factoría de divulgación do coñecemento científico. Recebeu diferentes recoñecementos e mencións polo seu trabajo: Mellor actor secundario nos XVI premio de Teatro María Casares, por Tango, mellos actor no V FID El Sector por Estereoscopia entre outros. Traballou coas mellores compañías de teatro galego; Sarabela, Ancora producións, Chévere, etc. así como no centro dramático galego. No mundo audiovisual tamén conta cunha ampla experiencia.

VICENTE MOHEDANO (Vimianzo, 1965)

MARIA TASENDE (Carballo, 1977)

Actriz galega que desenvolve a súa carreira profesional tanto no campo teatral como no cinema e o audiovisual.Participa en numerosas series e TV movies tanto a nivel autonómico como nacional, así como en filmes de directores galegos como Alfonso Zarauza e Xabier Bermúdez. No teatro traballou coas compañías madrileñas; Centro de Nuevos Creadores, La Cantera Exploraciones Teatrales ou Metatarso teatro. En Galicia co Centro Dramático Galego e Aporía Escénica. No 2010 recibe o premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Ourense.